Predición xeral para Galicia
venres, 03 de setembro de 2010
mañá
Tarde
Estado do Ceo
Ceos pouco anubrados, con intervalos de nubes altas que irán surcando o ceo a partir da tarde.
Néboas
Brétemas costeiras e bancos de néboa no interior.
Temperatura
Temperatura mínima sen cambios ou en lixeiro descenso e máxima en lixeiro ascenso en xeral.
Vento
Vento frouxo de dirección variable, con brisas costeiras.
Comentario
Manteremonos nesta xornada baixo influencia anticiclónica, polo que o tempo virá caracterizado polas brétemas costeiras e os bancos de néboa do interior, que serán menos abundantes e desaparecerán máis rapidamente que na xornada anterior, deixándonos un día de ceos pouco anubrados en xeral, con algúns intervalos de nubes altas que irán surcando o ceo a partir da tarde. As temperaturas nocturnas poderían descender lixeiramente, mentres que as diúrnas ascenderán de xeito lixeiro en xeral. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, con brisas no litoral.
MeteoGalicia - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas - Xunta de Galicia
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña 19-08-2010
Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela. A Coruña 19-08-2010
Teléfono: +34-881-999654
Fax: +34-981-957466
Fax: +34-981-957466
Mapa web
Envío de Suxestións
Esta web está optimizada para Internet Explorer 8 e Firefox 3